Teo, 30 de setembro do 2020 – O mes de outubro é desde hai tempo o mes do teatro en Teo e o concello ven de presentar unha intensa programación.
A crise sanitaria marcará este mes do teatro xa que os aforos reduciranse, terá que reservarse a entrada no enderezo entradascultura@teo.gal e na sala tomaranse todas as medidas preventivas necesarias e adaptadas a normativa en vigor. O uso de máscara será obrigatoria e as entradas e saídas faranse de xeito gradual.
Programación
O actor e veciño dos Tilos Vicente Mohedano abrirá a programación para nenos de 7 a 12 anos co espectáculo didáctico científico Be water o venres 2 na Biblioteca dos Tilos ás 18:00 horas da tarde. O sábado 3 continuará co grupo de Teatro afeccionado Atrezo coa obra para adultos Chicago Killers ás 20:00 horas no Auditorio Constante Liste.

Escea do Florido Pencila (outubro 2017)
O venres 9 ás 18:00 h tócalle tamén ao teatro infantil con Mirada de bolboretas do grupo de teatro afeccionada Lohegrin. A biblioteca dos Tilos acollerá o sábado 10 ás 12:00h á escritora, contadora e veciña desta parroquia Carmen Domech co espectáculo Contos para pasalo de medo.
Do 12 ao 18 de outubro co gallo da celebración o 15 de outubro do Día das escritoras, publicarase cada día da semana nas redes sociais de Cultura e das Bibliotecas do Concello unha ficha con información relativa a unha autora vinculada co Concello de Teo acompañada dun comentario dos seus libros.
Continuaremos o venres 16 ás 18:00 h de novo con Vicente Mohedano, esta vez na Biblioteca do Grilo co espectáculo Cando o sol se deita. O sábado 17 ás 18:00 h o teatro afeccionado Axóuxere representa Quero ser maior. Na fin de semana celebrarase o día internacional das bibliotecas.
O venres 23 ás 18:00 h na Biblioteca dos Tilos o espectáculo para bebés de Gemola Contiños de animaliños ben pequeniños e á mesma hora na Biblioteca do Grilo, o veciño de Cacheiras Oscar Villán impartirá o obradoiro Aproximación á ilustración. O sábado 24 ás 12:00 h, de novo na biblioteca dos Tilos, estará Carmen Domech con Contos de libros contentos e pola tarde no Auditorio Constante Liste ás 18:00 música infantil con contos de Magín Blanco con O que levamos nas maletas. O domingo ás 19:00 h teatro afeccionado para persoas adultas con Chimpa Teatro e a obra Intocables no Auditorio Constante Liste.
No mesmo espazo o venres 30 ás 18:00 h Historias de arrepío con Paula Carballeira e o sábado 21 ás 20:00 h Vida de cans de Talía Teatro.