Padrón entrega o  XX Premio de Interpretación Teatral  Maruxa Villanueva a Rocío González

0

Padrón, 4 de novembro do 2021 – Padrón entregará este sábado a Rocío González o vixésimo premio de interpretación Teatral Maruxa Villanueva.

A posta en escena de “Liberto”, pola compañía Rebordelos, complementará o acto que serve, ademais, para abrir a programación do Outono Cultural do concello de Padrón. Un programa que inclúe un total de 16 espectáculos que terán lugar no auditorio municipal durante os dous próximos meses. Todas as actuacións serán de acceso gratuíto, sendo preciso a recollida de entradas a partir do luns anterior ao do espectáculo no centro social de Padrón, en horario de 9:00 a 14:00 horas.  

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, fala dun “programa cultural moi completo, no que se inclúen actuacións teatrais e musicais tanto para un público adulto como infantil. Unha aposta do Concello de Padrón pola promoción da nosa cultura e á que convidamos a participar a todos os veciños e veciñas do municipio”.

A programación arrinca este sábado 6 de novembro, ás 9:00 horas, coa posta en escena de “Liberto”, da compañía Rebordelos. Unha obra pola que se lle outorgou a Rocío González o Maruxa Villanueva, segundo se recolle na acta do xurado. Un galardón consistente nunha estatuiña e 1.200 euros que lle serán entregados tras a actuación polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira.

Actuacións venres e sábados

A seguintes citas serán con Talía Teatro con “A parábola do angazo” (venres 12) e Teatro Malasombra con “SOS” (sábado 13). A música protagonizará a seguinte semana co baile e música tradicional galega de Cantigas e Agarimos (venres 19) e o concerto de Nananá Quartet (sábado 20).

Malasombra Teatro e Deste Xeito Produccións porán en escena as obras “Bernarda” (venres 26) e “Feminísimas” (sábado 27). A maiores, e como celebración do día de Santa Icía, patroa dos músicos, o domingo 28 de novembro a Asociación Cultural O Pedrón ofrecerá un concerto de música e baile na Praza de Macías (se chove, trasladaríase ao auditorio).

Decembro abrirase con dúas novas actuacións teatrais: Ibuprofeno Teatro con “O mel non caduca” (venres 3) e Teatro Airiños con “Cataturxia” (sábado 4).  O venres 10 de decembro será a quenda de Redrum Teatro con “#2Pilgrims” mentres que o sábado 11 Teatro Badius porá en escena “A peregrinaxe”.

A derradeira semana do “Outono Cultural” deixará tres actividades: “Mocos”, un divertido monólogo de Cándido Pazó (venres 17) e dous concertos de Nadal. A Coral Polifónica Padronesa ofrecerá o seu concerto de Nadal o sábado 18, mentres que a Banda Municipal de Padrón fará o propio o domingo 19 de decembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial