Reclaman máis seguridade peonil nas canles de derivación do Sar en Padrón

0

Padrón, 24 de novembro do 2020 – O BNG de Padrón presentará unha moción no vindeiro pleno pedindo melloras na seguridade peonil mas canles de derivación do río Sar.

Os nacionalistas explican que cada vez é máis a veciñanza que utiliza estas canles para desprazarse ou pasear. Na actualidade os vehículos empregan estas pistas como vías de circunvalación, transitando en ocasións a gran velocidade e sen respectar a limitación establecida.

Pintado das beirarrúas

Dada a preocupación crecente da veciñanza o BNG pedirá que se pinte, ao longo da pista, unha franxa lateral (compatible coa circulación de maquinaria agrícola), a modo de paso de peóns.

Tamén solicitarán que se mellore a sinalización, tanto vertical como horizontal, con imaxes de peóns pola pista. Esta é unha solución xa usada no paseo da pista do canal reservada a peóns e ciclistas pero engaden que serviría calquera elemento homologado que impida que os vehículos circulen a alta velocidade.

Finalmente os nacionalista reclaman a mellora da iluminación nestas vías. Con estas medidas, din, melloraría considerablemente a seguridade da vía para os peóns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial