Padrón publica os pregos de contratación de servizos de axuda no fogar

0

Padrón, 22 de outubro do 2021 – O concello de Padrón ven de publicar os pregos do servizo de axuda no fogar (SAF) despois de meses de peticións e unha denuncia ante a fiscalía.

O sindicato Comisións Obreiras foi quen presentou a denuncia para forzar ao goberno local de Padrón a que publicara os pregos. Explican que a corrección de esta anomalía dalle garantías xurídicas aos traballadores do servizo de axuda no fogar.

Os traballadores do SAF levan meses de concentracións diante da casa consistorial.  As traballadoras terán agora garantías xurídicas, porque a empresa que gañe o concurso estará obrigada a subrogalas. O feito de que os pregos non se publicaran impedía que os traballadores afectados coñeceran si a subrogación estaba incluída ou non e puideran reclamar.

CCOO reuniuse esta semana co persoal do servizo de axuda no fogar para informarlles da publicación e planificar os seguintes pasos a dar.

A denuncia na Fiscalía procuraba, por unha parte, corrixir unha “anomalía”, xa que ao non saír o servizo a licitación desde o 2007, as contías económicas estaban “desfasadas” e prexudicaban as traballadoras. Pola outra, darlle garantías xurídicas ao persoal adscrito ao servizo, que agora verá recoñecido o dereito á subrogación sexa cal for a empresa adxudicataria.

Desde Comisións Obreiras sinalan que aínda será preciso analizar a fondo os pregos, especialmente “para verificar que se recolla correctamente a todo o persoal, coa correspondente xornada e salarios axeitados”, explica Ricardo Santos, voceiro de CCOO do Hábitat.

Non obstante, o sindicalista congratúlase porque a licitación unifique no mesmo servizo os cadros de persoal que actualmente traballan para dúas empresas concesionarias diferentes. “Isto será beneficioso tanto para as traballadoras como de cara á propia interlocución coa patronal”, explica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial