Palmira Bulevar reforza a difusión do Milladoiro como penúltima etapa do Camiño Portugués 

0

Ames, 25 de marzo do 2021 – A Asociación de empresarios Palmira Bulevar reforzará a colaboración con ACITUI para impulsar á localidade do Milladoiro como penúltima etapa do Camiño Portugués.

A asociación convidará nas próximas semanas a outros empresarios para sumarse á iniciativa. Os peregrinos  accederán desde a súa chegada a Tui, a unha listaxe de empresas do Milladoiro por medio dun código  QR.

A unha legua de Compostela

A Asociación de empresarios Palmira Bulevar quere reforzar a idea de que o MIlladoiro atópase a unha legua de Compostela polo que é por dereito propio a penultima etapa do Camiño Portugués. 
A pasada semana terminouse de redactar a carta que se entregará aos empresarios do Milladoiro que se poderán sumar, sen custo, á iniciativa. Palmira Bulevar espera engadir máis de 50 novos negocios a esta campaña de difusión

Código  QR

A colaboración con  ACITUI permitirá que no Monólito que se inaugurará esta semana na cidade fronteiriza, e que simboliza o comezo do Camiño Portugués en Galicia, Milladoiro apareza como penúltima etapa  a tan só unha legua de Compostela.
Máis importante se cabe será que na información sobre o roteiro que se entregue aos peregrinos aparecerá o Milladoiro xunto a un código  QR que dá acceso a unha listaxe de empresas. O obxectivo é consolidar Milladoiro como penúltima etapa de forma que os viaxeiros planifiquen a súa parada coñecendo todos os servizos de que dispoñen.
A incorporación de novas empresas á Asociación permitirá afrontar os próximos meses con novas iniciativas adaptadas aos novos tempos. A unidade permitirá tamén demandar apoios das administracións para que o Camiño Portugués teña a relevancia que lle corresponde.
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial