Parar o Covid depende de nos (02/11/2020)

0

Bisbarra, 2 de novembro do 2020 – Parar o Covid depende de nos, é a idea sobre a que insisten todos os responsables que ven como a maioría dos casos se producen no ámbito familiar.

É dificil saber como o virus chega as casas pero todos coinciden en que é aí onde hai que facer o esforzo por parar o Covid. O peche perimetral de Santiago, Ames e Teo, convertidos nun só pobo xa que os desprazamentos internos están permitidos, ten que servir para conter o aumento de casos que se produce cada día. A Ärea Sanitaria Barbanza pasou de 1.332 contaxios activos o pasado venres a 1349 o sábado e 1372 o domingo.

A situación nos colexios segue a mesma evolución. O pasado xoves falabamos dunha pequena diminución de casos que, vista en perspectiva, non ten relevancia xa que o día 27 os positivos por Covid nos centros educativos eran 137, o 28 baixaban a 133 pero o 29 volvían a eses 137 e o sábado día un as cifras oficiais eran, na Área Sanitaria, de 153 casos e 4 aulas pechadas.

Chamamento dos alcaldes

Os rexedores de Santiago, Ames e Teo facían un chamamento á responsabilidade para parar a pandemia. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, entendía a medida xa que Santiago estaba por riba dos 400 casos activos e incidía en que o 80% dos contaxios producíanse no ámbito familiar

José Miñones, alcalde de Ames, publicaba un vídeo no que apelaba tamén á responsabilidade individual para baixar a cifra de máis de cen casos activos no concello

 

Pola súa banda o rexedor de Teo, Rafa Sisto, en declaracións a Radio Galicia Cadena SER apelaba tamén a responsabilidade individual

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial