Paseo polo Museo do Pobo e a súa contorna

0

Compostela, 10 de novembro do 2021 – O Museo do Pobo Galego fai unha edición especial de Camiñar é preciso, a proposta de visita comentada cun guía oficial.

Unha única data este domingo día 14 para este Camiñar é preciso tamén en outono.  Unha visita dirixida polo historiador da arte e guía oficial de Galicia Xose Antom Serem.

No paseo reflexionase sobre un acto tan cotiá como é o de camiñar. A través do itinerario de hora e cuarto de duración, os asistentes coñecerán o Museo e súa contorna,  paseando polo parque e cemiterio de Bonaval, admirando a arquitectura do antigo convento de San Domingos e reparando nos obxectos do Museo.

O custe da actividade é de 4 euros, agás para a xente socia, que é de balde. As prazas son limitadas. Para reservas, hai que enviar un correo electrónico a  servizosdeac@museodopobo.gal antes do venres 12 ás 14h.

A actividade está patrocinada polo Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial