Patrimonea comeza coas rutas guiadas por Touro

0

Touro, 10 de agosto do 2021 – A empresa Patrimonea, especializada en roteiros e estratexias turísticas, realizou a primeiro dos seus itinerarios por Touro.

O pasado domingo Patrimonea organizou esta primeira xornada de sendeirismo por Touro con presenza de camiñantes de distintos puntos de Galicia.

O percorrido, denominado “entre pazos, fervenzas e corredoiras”, consistiu nun roteiro circular duns 16 quilómetros.  O deseño preparado por Patrimonea combina combina tramos que non forman parte de ningunha ruta sinalizada con outros pertencentes a roteiros como o dos tres ríos ou o da fervenza de Santa Marta.

Durante o transcurso da andaina os participantes recibiron información acerca da historia e a cultura local. A xornada rematou cunha visita ao Pazo de Andeade, un dos elementos máis recoñecidos do patrimonio municipal.

A iniciativa encádrase nunha proposta privada de valorización do concello coruñés, sen apoio nin financiación da administración local, que ofrecerá diferentes roteiros ao longo do ano. Patrimonea convida a seguir os seus pasos a través de Facebook e Instagram e agradece a asistencia dos participantes na súa primeira actividade que se desenvolveu cumprindo estritamente os protocolos de prevención da CO-VID 19 impostos por sanidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial