Paula Fernández volve ao concello de Silleda

0

Silleda, 18 de maio do 2021 – A que fora alcaldesa de Silleda, e posteriormente Senadora, Paula Fernández, volve ao goberno municipal tras recibir o apoio da agrupación socialista.

A entrada de Paula Fernández foi avalada pola militancia nunha asemblea extraordinaria.  Pena declaro que volve  á Corporación “dende a humildade e consciente da experiencia adquirida nos últimos ano que podo aportar ao goberno local”.

Paula Fernández Pena entrou en política no ano 2007 desde os movementos asociativos. Foi alcaldesa entre 2007 e 2009, regresando ao cargo,  tras unha moción de censura, no 2011. No 2013 foi elixida senadora por designación autonómica. Na actualidade é a Coordinadora do Gabinete da Presidencia da Deputación de Pontevedra e a secretaria Xeral dos socialistas silledenses.

Nos comicios municipais de 2019 concorreu como número 8 na lista socialista. Na xuntanza estivo tamén presente Klaus Brey Montaña, que o pasado luns presentou a súa dimisión como concelleiro. Brey explicou ante a asemblea os motivos da súa marcha, motivada por unha situación familiar que complicaba as súas obrigas como concelleiro.

A reunión foi tamén un recoñecemento ao compromiso e traballo de Brey, veciño da parroquia de Cira, durante os 10 anos nos que asumiu distintas responsablidades do goberno socialista durante varias lexislaturas.

As accións levadas a cabo nestes dous anos de goberno e outras previsións de futuro tamén  foron abordadas na reunión.

A entrada de Fernández Pena no goberno suporá unha remodelación de áreas que aínda está por definir. Está previsto que no vindeiro pleno ordinario de finais deste mes se dé conta da renuncia de Brey, e que Fernández Pena tome posesión cando se obteña a credencial correspondente da Xunta Electoral Central

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial