Pecha en Compostela Camiño Escena Norte 2021

0

Compostela, 8 de outubro do 2021 – Camiño Escena Norte pecha as súas actividades, este domingo en Compostela, co espectáculo “Lloviendo ranas”.

O Salón Teatro compostelán acolle a proposta escénica da compañía vasca Ados Teatroa e un encontro posfunción co público. As dúas actividades de Escena Norte contan co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia

Camiño Escena Norte levou en esta edición o alcume de Itinerario Constelacións. Desde o 12 de setembro desenvolveuse nas catro comunidades autónomas implicadas na iniciativa: Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

Lloviendo ranas, a obra responsable de clausurar o programa é autoría da compañía Ados Teatroa de Euskadi e nela reconstrúese, a través de flashbacks, a viaxe emocional e vital dunha persoa con enfermidade mental que parece a piques de se suicidar.

O texto está baseado nun laboratorio creativo no que se traballou cunha ducia de persoas con diversidade mental. O laboratorio cristalizou nesta obra na que os testemuños reais se funden coa trama principal nunha narración homoxénea que defenden no escenario actores e actrices con e sen diagnose de enfermidade mental.

Logo de rematar a obra, que ten a cualificación de espectáculo inclusivo recomendado pola Rede Española de Teatros e Auditorios, o público terá a oportunidade de dialogar coa compañía nun encontro posfunción no que tamén participará a actriz Victoria Teijeiro, de La Quintana Teatro.

Coas actividades do domingo 10 remata o itinerario por terras galegas do Camiño Escena Norte, logo de programar nove funcións nos concellos de Arzúa, Lugo, Melide, Mondoñedo, Negreira, Ribadeo, Sobrado dos Monxes, Vilalba e Santiago de Compostela. Cómpre salientar que os espectáculos estiveron acompañados de actividades paralelas de mediación, como obradoiros de contextualización ou de movemento ou encontros co público, como o que se vai desenvolver en

Santiago o vindeiro domingo e na que participará Ados Teatroa. Alén desta compañía, as outras que participaron na edición galega de Camiño Escena Norte neste 2021 foron a tamén vasca Marie

de Jongh, as asturianas A66 Producciones e Meraki Cía e as cántabras Anabel Díez / El Tejo Producciones, Babirusa Danza e La Machina Teatro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial