Pendeloque, unha mostra sobre a historia de Oroso

0

Oroso, 19 de maio do 2021 – O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés inaugurou o ‘Espazo Pendeloque’, un proxecto de colaboración entre o centro académico e o Concello de Oroso.

Pendeloque  ten como obxectivo “poñer en valor o patrimonio social e cultural local, a través dunha mostra arqueolóxica, etnográfica e fotográfica”.

As pezas que se amosan en Oroso pertencen na súa meirande parte á colección do historiador Manuel Pazos Gómez, que tamén coordinou ao alumnado do centro na preparación desta exposición durante ano e medio.

Pendeloque recolle tamén un apartado dedicado ao centenario do descubrimento do Tesouro de Recouso. Trátase  dun conxunto de pezas de gran importancia, as arracadas, chamadas vulgarmente “pendeloques”, que se atopan no Museo das Peregrinacións de Santiago e no Museo Provincial de Lugo.

Por outra parte, o Museo Pedagóxico de Galicia cedeu unha pequena selección de pezas que recrean unha escola dos anos 50 e 60 do século pasado.

No acto de inauguración o concelleiro Luis Rey destacou “o esforzo que hai detrás desta mostra, un exemplo máis da paixón coa que fai as cousas Manuel Pazos”, agradecendo ademais “a iniciativa do alumnado e da dirección dun centro que é un exemplo en docencia e en abrirse á sociedade”.

A concelleira de Ensino de Oroso, Isabel Fernández, resaltou “a recuperación non só dos obxectos, tamén de moitos nomes de obxectos que non podemos esquecer pola importancia que teñen para a nosa lingua”.

Pola súa parte, o historiador e bibliotecario Manuel Pazos falou “da importancia de coñecer as cousas para aprecialas e querelas”, eloxiando “o interese que durante un ano e medio de traballo demostrou o alumnado”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial