Persoas S.A. de Carmen Granxeiro estrease no dia do Orgullo

0

Compostela, 25 de xuño do 2021 – A peza Persoas S.A. de Carmen Granxeiro, estrease coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGBTIQA+.

Despois dun percorrido por toda Galicia o documental chega ao CGAC de Santiago este sábado día 26. O dia 28 algúns dos protagonistas e a directora participarán nun forum en Lugo e o 1 de xullo proxectarase tamén na Coruña.

A partires de setembro, o documental participará en varios festivais de cinema que terán lugar de xeito presencial, despois de ter sido proxectado ao longo deste ano en festivais derivados ao ámbito dixital debido ás medidas sanitarias.

Persoas S.A.

 

O documental Persoas S. A. recolle a experiencia de distintas persoas do colectivo LGBTIQA+. Facer pública a homosexualidade, considerarse non binario, querer conxelar óvulos antes de iniciar un tratamento hormonal, son situacións que para os protagonistas supuxeron un reto.

A peza recolle a loita do colectivo en Galicia ao longo da historia máis recente e pon unha mirada no futuro inmediato.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial