Petroglifos, camiñando pola prehistoria

0

Teo, 7 de setembro do 2021 – Camiñar polos petróglifos é volver a prehistoria, imaxinar como eran os galegos de hai miles de anos a través dos gravados que deixaron nas rochas da bisbarra.

Lindeiros aproveitou este verán para acudir a un dos roteiros nocturnos que organizan o concello de Teo e o colectivo A Rula. Unha oportunidade para descubrir máis de este patrimonio que, como contabamos este luns, volve a estar ameazado.

Antón Bouzas, no centro, e Luís Leclere á dereita antes de comezar a ruta

Antes de comezar a camiñar falamos con Luís Leclere e Antón Bouzas sobre este tesouro tan especial, que comeza a protexerse pero moi pouco a pouco como nos contaba Luís

O propio formato de este patrimonio e a súa situación, en rochas en medio do monte, complica o seu coidado e a súa vixianza        xa que non se pode desligar da súa contorna como tamén explica Antón

E a ameaza dos eólicos incide en esa deixadez no coidado dos montes e, a maiores, é a cidadanía a que se ten que mobilizar para defender algo que as propias institucións terían que ter coidado

Esa noite volvimos ao neolítico, unha idade na que a agricultura xa estaba presente e na que comezaban a aparecer lugares destinados a rituais nos que aqueles galegos prehistóricos deixáronnos estas mensaxes

Ao longo da noite puidemos ver distintos petróglifos, algúns dos cales podedes apreciar nas imaxes, e escoitar a explicacións de Luís. Antón aproveitou unha parada para contarnos algo máis do ceo que estabamos vendo, das constelacións e estrelas que podíamos disfrutar no firmamento.

O vindeiro día 11 o concello organiza outra ruta da que tedes máis información no seguinte enlace . O longo de todo o ano o Colectivo A Rula realiza distintos roteiros así que estade atentos á axenda do concello e non deixedes de acudir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial