Piden á Deputación distintas melloras en distintos lugares de Tordoia

0

Tordoia, 16 de novembro do 2021 – O portavoz dos socialistas de Tordoia, Tomás Castro, reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, con fin de trasladarlle  varias demandas veciñais sobre lugares do concello.

Núcleo de Pontepedra en Tordoia

O PSOE de Tordoia pediulle melloras na estrada provincial DP-5902 que une o núcleo de O Couto (parroquia de Lesta) e Pontepedra, co obxectivo de acondicionar o vial e elevar o gálibo da ponte que pasa sobre a antiga vía do ferrocarril. Tomas castro explica que “A día de hoxe, a altura non permite pasar aos vehículos pesados, agrícolas e tractores, polo que é necesaria unha reforma da infraestrutura”.

Por outra parte, os socialistas demandan unha senda peonil entre os núcleos de Tablilla e O Petón para mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas que transitan por este vial.

O presidente da Deputación comprometeuse a estudar as demandas do PSOE de Tordoia co servizo de vías e obras provincial, xa que se trata de peticións comprensibles e que mellorarán a vida dos veciños.

“Agradecemos a receptividade do presidente González Formoso, que entendeu a necesidade das peticións das que falamos na reunión”, engadiu Castro.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial