Piden a mellora da estrada de Compostela a Val do Dubra

0

Compostela, 23 de xullo do 2021 – Compostela Aberta reclamas a mellora da seguridade viaria da estrada provincial DP-0701 e a reurbanización das rúas do ámbito do Avío, Torreira e O Romaño.

O concelleiro Xan Duro visitou a infraestrutura acompañado por Antonio Negreira, edil de Son do Val do Dubra, e Alberto Lema, deputado provincial da Marea Atlántica.

Duro explicou que “máis de dous anos despois da entrada en funcionamento da Variante de Aradas, é preciso avaliar o seu impacto no viario que conecta Santiago e Val do Dubra. Aludiu tamén á necesidade de afrontar a mellora dalgúns dos puntos máis conflitivos desta estrada provincial.

Compostela Aberta levará ao Pleno unha moción na que insta á Deputación da Coruña, titular do viario, a colaborar co Concello de Santiago para que se realice un estudo sobre a seguridade viaria e, posteriormente, financie as obras precisas. Xan Duro dixo que “xa hai necesidades evidentes, como a mellora da mobilidade segura de vehículos e veciñanza na contorna do lugar do Queiroal na Peregrina, ou nas proximidades da Ponte do Romaño”.

O concelleiro de CA tamén se referiu a un punto negro na incorporación a Lamascal “unha zona que ademais é moi utilizada polos ciclistas, o que pode incrementar as situacións de risco”.

Duro instou ademais ao Goberno a estudar a posibilidade de habilitar un estacionamento de borde no Romaño “que debería sumarse a unha mellora de frecuencias da liña P4 para facilitar que menos vehículos accedan á zona urbana”.

Por último, o concelleiro de Compostela Aberta pediu que os próximos Plans de Travesías da Deputación da Coruña inclúa a reurbanización do ámbito do Avío-Torreira-Romaño, para darlle continuidade ás melloras urbanas realizadas hai máis de 10 anos xa no tramo de Galeras-Salvadas-Vista Alegre.

Son de Val do Dubra levará unha proposta similar á de Compostela Aberta ao Pleno do Concello de Val do Dubra, e Marea Atlántica fará o propio no Pleno da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial