Piden a modificación dos orzamentos de Compostela para destinar máis axudas a hostalería e comercio

0

Compostela, 20 de abril do 2021 – Compostela Aberta levará a pleno unha modificación do orzamento que permita máis axudas a hostalería e comercio.

A intención é que os cambios permitan destinar un millón e medio máis de euros ás axudas. Compostela Aberta considera que de este xeito poden complementarse as cantidades dos remanentes xa asignadas para chegar aos compromisos adquiridos.

A voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, insistiu en rolda de prensa que  “Bugallo debe cumprir o compromiso que adquiriu con eses sectores, que non deben pagar as consecuencias da irresponsabilidade dun alcalde que fixo as contas da leiteira cos remanentes municipais”.

Lois lembrou que foi o alcalde quen, por iniciativa propia e co obxectivo de enlear o debate dos orzamentos municipais, anunciou o pasado 12 de marzo que o Concello ía ter 5 millóns de euros dispoñibles, procedentes das partidas non executadas en 2020. Nese momento, explicou a portavoz de CA, Bugallo mostrou a súa intención de destinar dous millóns de euros para axudas directas á hostalería e o comercio, e tres millóns de euros para novas obras.

O 23 de marzo nunha xunta de portavoces, “o alcalde tivo que asumir a proposta unánime da oposición para destinar 3,5 millóns de euros para axudas directas ao comercio e a hostalería, un reparto do que despois quixo presumir como se fora iniciativa do seu Goberno darlle prioridade aos sectores máis afectados pola pandemia fronte ás obras”.

A portavoz de Compostela Aberta explicou que Bugallo recoñeceu o 7 de abril que as súas contas estaban mal botadas e que non habería 5 millóns de euros dispoñibles, senón algo menos da metade; “unha información da que o alcalde xa dispoñía desde unha semana antes, o 30 de marzo, que foi cando a intervención municipal asinou o informe da liquidación do orzamento do 2020”.

“A liquidación de 2020 demostra que hai marxe para modificar as contas” Marta Lois lamentou que Bugallo “se limite á autocompracencia e a incidir en que Santiago é o concello que está a repartir máis axudas, porque gran parte delas beben de fondos da Deputación da Coruña, e porque a situación das arcas municipais de Compostela permite afrontar estas convocatorias tan necesarias”.

Pola súa banda, a concelleira María Rozas incidiu en que “é técnicamente posible realizar un modificativo de crédito do orzamento municipal de 2021, que está aprobado inicialmente, e de feito a

Xunta de Goberno xa aprobou dous modificativos para proxectos da EDUSI e para un sistema de seguridade e comunicacións no parque de bombeiros, cuestións que xa deberan estar previstas nuns orzamentos aprobados hai só unhas semanas”. A edila incidiu en que “no orzamento hai máis marxe para facer cambios, tal e como demostran os datos parciais da liquidación de 2020 á que xa tivemos

acceso”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial