Piden a Padrón que se opoña ao parque eólico que ameza o xacemento de castro Valente

0

Padrón, 25 de novembro do 2021 – O BNG de Padrón levará ao pleno municipal unha moción pedindo que o concello se opoña a construción dun parque eólico que ameaza ao xacemento de Castro Valente.

Os nacionalistas piden, no primeiro punto da moción, que o pleno se posicione contra o proxecto. O BNG demanda tamén que o concello emprenda unha campaña informativa sobre este proxecto e informe e asesore aos veciños residentes na zona das consecuencias de quedar incluidas as súas casas e propiedades na área de afectación do polígono do parque.

A moción, que se debaterá no pleno de hoxe, reclama ademais que o Concello encargue un informe xurídico que poña en evidencia as irregularidades e lagoas legais do proxecto co obxecto de emprender actuacións contra o mesmo no caso de que fose autorizado pola Xunta de Galiza.

A voceira do Bloque,  Bea Rei, explica que: “este parque eólico afecta a un elemento patrimonial de primeira orde do Concello e de Galiza. Castro Valente é o terceiro recinto defensivo máis grande da comunidade, logo do monte Aloia e da muralla de Lugo. Castro Valente é un conxunto patrimonial cun enorme potencial, que quedaría lastrado para sempre coa instalación dos muíños” .

Beatriz Rey, voceira do BNG de Padrón

Según Rei, “o impacto visual dos muíños desvirtuaría completamente o valor do xacemento xa que un factor determinante na localización desta fortificación foi o alcance do seu campo visual: ría de Arousa-curso medio baixo do Ulla-sector central da depresión meridiana”. A concelleira do BNG insiste que de levarse a cabo este proxecto perderíase un dos principais atractivos de Castro Valente: “se interpoñemos tremendos muíños nese campo visual o valor patrimonial do xacemento quedará irremediablemente adulterado. É como se poñemos a 200 m da muralla de Lugo ou da catedral de Santiago un muíño de 150 metros de altura”.

Bea Rei recorda que o Concello de Padrón colaborou na escavación de Castro Valente dentro do proxecto de Castelos no aire e que mesmo o Sr. Alcalde participou nas xornadas de divulgación de posta en valor desta iniciativa que tiveron lugar no auditorio municipal. Tamén recorda a concelleira do BNG que no Pleno do mes de marzo deste ano o PSOE levou unha proposta para solicitar a declaración BIC para Castro Valente polo seu extraordinario valor patrimonial.

Recóllese na moción do BNG que o proxecto afectaría a unha área de Rede Natura e a espazos que sufriron un incencio forestal en xullo de 2015, polo que segundo a lei de montes de Galiza vixente non se podería autorizar un cambio do uso de eses espazo.

Para a concelleira o BNG un dos aspectos máis graves deste proxecto, en relacións aos veciños da zona, é que moitos lugares, casas e propiedades van quedar incluidos na zona de afectación do parque, o que constitúe unha grave servidume para os veciños e propietarios que van ver recordados os seus dereitos como propietarios das súas casas, fincas e montes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial