Piden a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Pino

0

O Pino, 28 de setembro do 2021 – O Grupo Municipal Socialista do Pino leva ao Pleno unha iniciativa na que insta ao Goberno local a levar a cabo unha revisión completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os socialistas piden que a revisión do PXOM contemple a demanda de chan industrial, vivenda accesible para os xoves, ou cambios de denominación de solo de protección rústica. Este último cambio afectaría a zonas de terreo illadas e sen actividade agropecuaria “temos que aproveitar ditos predios para a produción forestal, evitando así o continuo abandono e a improdutividade da terra”, indican.

Un Plan de Ordenación que é “un gran fracaso”

O voceiro socialista, Oscar Vilar, cualifica o actual Plan Xeral de Ordenación como o “Gran Fracaso da xestión Taboada. Un concello como o noso, que limita coa capital galega, non medra en poboación, o chan industrial dispoñible é o mesmo que existía no ano 2003, é dicir, igual a cero metros cadrados, isto é a triste realidade na que nos atopamos dezaoito anos despois”. 

O Psoe engade que  “o Plan Xeral non está adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, nin tampouco a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e moito menos a realidade social. “Unha realidade social totalmente distinta a que se daba a comezos do século XXI, polo tanto sobran motivos para demandar a revisión do Plan” manifestan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial