Piden arranxos no cantón de San Roque de Melide

0

Melide, 12 de marzo do 2021 – O Partido Popular de Melide ven de reclamar o arranxo dos distintos desperfectos que sofre o Cantón de San Roque e mantelo en “condicións óptimas”.

Os populares de Melide explican que a continúa entrada incontrolada de vehículos de gran tonelaxe provocan a rotura do pavimento e no firme de cortiza das árbores ornamentáis.

A voceira do PP, Dalia García, considera que “o que foi a obra pioneira de rehumanización dun espazo senlleiro da vila é foco dunha importante falta de mantemento provocando semana tras semana unha imaxe de deixadez”. Tamén aluden a que na última semana apareceron problemas no tendido eléctrico.

 

O PP de Melide insta ademais ao goberno municipal a que tramiten a pertinente licenza ante demarcación de estradas do estado para proceder a axeitada pintura do paso de peóns en dirección Av. Da Habana, unha vez rematada a obra.

García engade que  “Este goberno falla nas cuestións máis elementais do día a día, na xestión diaria; deixaron escapar o mercado do Cantón de San Roque e agora, deixan tamén, esmorecer pouco a pouco o patrimonio municipal en plena ruta xacobea”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial