Piden bonificacións para a hostalería de Val do Dubra

0

Val do Dubra, 21 de xaneiro do 2021 – Os socialistas de Val do Dubra piden ao goberno municipal bonificacións e axudas para a hostalería do municipio despois das últimas restricións acordadas.

O voceiros socialista en Val do Dubra, Diego Luís Díaz, explica que “Dende o comezo da pandemia, defendemos a necesidade dun plan de reactivación. Na actualidade non se coñece ningunha outra iniciativa, máis que a campaña de cheques do mes de setembro. A iniciativa implicou un gasto de 250€ mensuais, que ata decembro suma un gasto total de tan só 1.000€ por parte do Concello de Val do Dubra”.

En setembro, os socialistas solicitaron ao Concello coñecer que cantidade económica se destinaría a este Plan de Reactivación “Porén, sobrepasado o prazo legal para responder, non obtivemos ningún tipo de información ao respecto por parte do goberno local”, expón o portavoz socialista.

O voceiro socialista de Val do Dubra, Diego Luís Díaz

Os socialistas do Val de Dubra demandan ao goberno municipal a aplicación de distintas medidas. Por unha banda “unha bonificación do 100% nas taxas por recollida de lixo e de subministración de auga a aquelas empresas ou autónomos que desenvolvan actividades de hostalería”. O voceiro socialista pide ao Concello “a modificación das ordenanzas reguladoras destas taxas, dadas as dificultades deste sector para desenvolver a súa actividade”.

Por outra banda o grupo socialista insta tamén ao alcalde dubrés a “trasladarlle á Xunta de Galicia a necesidade de incrementar de xeito directo e indirecto o seu apoio a sectores como a hostalaría ou o pequeno comercio, con bonificacións centradas nos impostos de carácter autonómico que carga a estes sectores ou no tramo autonómico de IRPF”.

O PSOE reclama tamén “coñecer a cantidade invertida no Plan de Reactivación de Val do Dubra e proceder á posta en marcha dun paquete de axudas directas á hostalaría que complementen ao PEL Reactiva da Deputación da Coruña”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial