Piden consolidar postos de traballo en Rois

0

Rois, 29 de abril do 2021 – O Psoe de Rois leva a pleno unha moción na que solicita que se consoliden os postos de traballo anteriores ao 2005.

O sindicato USo presentara unha alegación aos orzamentos do concello, que foi rexeita pola maioría do equipo de goberno, na que se reclamaba esta mesma cuestión e que foi apoiada por Psoe e BNG.

Os socialistas de Rois apelan na moción ao Estatuto Básico do Empregado Público. Este documento contempla nunha disposición transitoria que se consoliden como funcionarios aos traballadores que desenvolvan o seu traballo de forma interina ou temporal desde antes do 1 de xaneiro do 2005.

Estes procesos están considerados extraordinarios e non teñen nada que ver coas convocatorias de emprego habituais nas administracións públicas. A consolidación require dunha serie de condicións moi concretas que se dan no caso de Rois.

O Psoe indica na petición que se trataría dunha “acción de política social que fomenta a creación de emprego estable e a prestación dun servizo público e de calidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial