Piden melloras no centro de Saúde de Touro

0

Touro, 28 de xuño do 2021 – Os socialistas de Touro levarán a pleno unha moción na que piden melloras para o Centro de Saúde e a sanidade pública en xeral.

Os socialistas resaltan “a deficiente situación da Atención Primaria, obxecto de debate e de queixas continuas por parte de colectivos de profesionais e usuarios, mesmo antes da pandemia”.

A voceira socialista, Gema López. explica que “A xestión da sanidade pública xa non gozaba de boa saúde antes da pandemia. Despois de máis dun ano da mesma, podemos presumir do noso sistema sanitario só grazas ao traballo impagable e incansable dos seus e das súas profesionais”,

Os socialistas recordan ademais que estas eivas na sanidade pública provocaron un gran descontento entre a poboación. “De feito, xurdiu unha Plataforma Veciñal en defensa do Centro de Saúde de Touro, á principios do pasado ano”, afirma a voceira municipal.

Entre as deficiencias do sistema sanitario galego, a voceira socialista destaca “a falta de profesionais, a escasa organización dos centros de saúde, a ausencia da atención primaria nos órganos de dirección, así como unha gran falta de coordinación entre a dirección do sistema sanitario e os profesionais”. Ademais, “co COVID-19 intensificáronse todos estes problemas”, engaden.

Respecto ao caso concreto de Touro, os representantes socialistas subliñan: “as baixas non se cobren, un facultativo debe atender todo o centro cando o outro está ausente, ademais a accesibilidade física ao centro de saúde é deficiente”.

A estas eivas engaden “unha falta de previsión para cubrir os períodos vacacionais dos facultativos, así como a urxente necesidade dun reforzo no servizo de pediatría”.

Os socialistas pedirán “instar ao goberno galego a elaborar un plan para recuperar o sistema sanitario público de Galicia”. Ademais, tamén esixirán á Xunta de Galicia “a modificación dos orzamentos da comunidade autónoma para incrementar o número de sanitarios, así como dotalos de estabilidade laboral”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial