Piden no Parlamento a caducidade da concesión da Casalonga

0

Teo, 5 de maio do 2021 – O grupo parlamentario socialista urxiu a Xunta de Galicia a iniciar un expediente de caducidade da concensión mineira da Casalonga en Teo.

A Deputada Noa Díaz presentou este martes unha pregunta na Comisión de Industria do Parlamento: Na intervención pediu que se actúe para que o propietario da canteira da Casalonga cumpra coas obrigas medioambientáis. 

Vertedoiro incontrolado

Noa Díaz explicou na súa intervención que “O total abandono das instalacións a consecuencia da inexistencia de actividade está a provocar o inicio dun vertedoiro incontrolado de residuos”. A Deputada engadiu que sto xa motivou denuncias da policía autonómica e un déficit absoluto de seguridade na zona. Lembrou que de esta situación son coñecedores a Dirección Xeral de Minas e a Xeral de Medio Ambiente.

 Díaz censurou que a Xunta arquivase o expediente de caducidade da actividade que iniciara en 2019 “con total opacidade” sen notificarse nin á Plataforma nin ao Concello. Ademais, lamentou que “a situación actual é que o Concello non ten ningunha información sobre o plan de restauración da mina en vigor, o plan de labores nin a documentación sobre seguridade e saúde pública para o ano 2021, aínda que está solicitado o acceso desde hai meses a esta documentación”.

A Policía Local de Teo xa alertaba nun informe de agosto do 2020 da deficiente seguridade da canteira da Casalonga. Esta situación, advertía o informe, “está a xerar verteduras de inertes na zona que están podendo apreciarse varios puntos de acumulación de residuos”.

Por todo isto, a responsable socialista pediu tamén ao goberno galego que leve a cabo “a obrigada actualización” do Plan de Restauración da concesión de explotación de Casalonga, así como que proceda ao cambio da normativa autonómica para prohibir as actividades de xestión de residuos en solo rústico próximo a zonas residenciais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial