Piden no Parlamento que Castro Valente sexa declarado BIC

0

Padrón, 21 de maio do 2021 – O Partido Socialista leva ao Parlamento de Galicia unha petición para que o xacemento de Castro Valente sexa declarado Ben de Interés Cultural.

O socialistas pedirán, na Comisión 4º de Educación e Cultura e que terá lugar este venres, que mentres se tramita a declaración BIC para Castro Valente se adopten todas as medidas necesarias para a súa protección.

Tal como contabamos en Lindeiros o pasado mes de decembro, o Castro Valente é un xacemento único. Na visita tamén coñecimos as ameazas sobre o xacemento que agora o Psoe leva ao Parlamento.

Na petición rexistrada dise exprasamente que o xacemento corre ” serio risco de desprotección e mesmo de destrución. Por unha banda, está afectado pola proximidade da liña de alta tensión ‘LAT 220 kv Lousame Tibo’ e, por outra, pola posible construción dun parque eólico composto por catro aeroxeneradores e unha subestación eléctrica”.

Os socialistas engaden que ” Ambas as dúas actuacións afectarán non só o terreo concreto onde se empracen estes novos elementos, senón que presumiblemente precisarán abrir vías de acceso para facer chegar maquinaria, materiais e persoal necesario para as obras, co consecuente deterioro e modificación do solo e, por tanto, constituíndo un elevadísimo risco de perda de datos arqueolóxicos”.

A petición presentada e que terá que ser sometida a votación di que “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incoar o procedemento de declaración do xacemento de Castro Valente como ben de interese cultural (BIC). Mentres non se inicia ese proceso, adoptará todas as medidas precisas para garantir a protección deste ben patrimonial”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial