Piden o arranxo da vía que une O Pino e Touro no lugar de Pedrouzos

0

O Pino, 30 de marzo do 2021 – O psoe do Pino levará ao pleno de mañá mércores o arranxo da vía que une o concello co de Touro a altura do Pedrouzo.

Os socialistas demandan un arranxo de urxencia mentres non se dispón dos fondos da Deputación da Coruña. Aseguran ademais que levan desde o ano 2019 reclamando esta mellora do firme, e critican o desleixo que vén mostrando o Alcalde desde entón.

O Psoe engade que se trata  “dunha vía de comunicación importante para ambos os dous concellos, usada tanto por veciños e veciñas de Touro como polos do Pino, que se atopa nun estado lamentable, e que o Alcalde coñecedor da problemática ignora por completo”.

Unha obra afectada pola pandemia

Os Socialistas critican o desleixo que vén mostrando o mandatario local ano tras ano, “o ano pasado, no 2020, prometeu o arranxo definitivo con cargo ao Plan Complementario da Deputación da Coruña. Plan que non chegou a materializarse debido á aparición do Covid-19 provocando que a Deputación tivera que realizar unha redistribución dos seus fondos, primando o financiamento do gasto social para todos os concellos da provincia. Este ano volve a incluír o amaño con cargo ao Complementario 2021, e pola contra utiliza o diñeiro do Plan de Obras e Servizos para financiar gasto corrente, e mentres tanto as consecuencias as sofren os usuarios da vía”, indican.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial