Piden o uso das instalacións do Poboado Mineiro de Fontao en Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 24 de maio do 2021 – O BNG de Vila de Cruces levará a pleno unha moción para que se usen as instalacións do Museo e o Poboado Mineiro de Fontao.

Os nacionalistas explican que é necesario darlle ao Poboado Mineiro de Fontao o “recoñecemento que merece, así como, o seu lugar e funcionalidade no Concello de Vila de Cruces, ofrecendo un uso orgánico e integrado da instalacións  e edificios do Museo da Minería de Fontao, no que prime a convivencia e a rendibilidade e eficiencia do espazo”.

Trátase dun dos enclaves arquitectónicos modernos máis singulares de Galiza e do Estado Español. O Poboado Mineiro de Fontao foi construído a principios dos anos 50, con vivendas, edificios dotacionais e espazos públicos. No seu tempo converteuse nunha das edificacións máis modernas e singulares, pola súa integración harmoniosa no medio rural, da época.

O BNG solicitará ao pleno de Vila de Cruces abrir, periódica e de forma axendada, o Museo da Minería do Poboado Mineiro de Fontao. Planificar a xestión do conxunto dos edificios dotacionais do Museo da Minería de Fontao, con bases  reguladoras do uso e goce dos mesmos.

 Elaborar un Plan de Convivencia entre o conxunto museístico do Museo da Minería de Fontao e a veciñanza do Poboado Mineiro de Fontao, que atenda ao mantemento dos espazos públicos, a garantir a privacidade da veciñanza e a xestión de prazas de aparcadoiro, insuficientes ao abeiro do aumento poboacional da devandita urbanización rural. 

Esta serie de medidas complementaría a aquelas presentadas no mes de novembro para o acondicionamento e mellor convivencia do poboado sinalización viaria do poboado, limpeza de fincas colinantes, arranxo dos espazos de xogo…, e que “en lugar de realizar esas melloras, a contorna vese máis e máis deteriorada, debido ao abandono ao que está sometido polo goberno municipal”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial