Piden que non se elimine un aparcadoiro público na Estrada

0

A Estrada, 11 de xuño do 2021 – O BNG da Estrada ven de pedir que no se elimine o aparcadoiro público da Avenida da América polo alto nivel de uso que te por parte da veciñanza.

A eliminación do aparcadoiro é consecuencia do traslado da feira dos mércores a ese lugar para poder ubicar as atraccións do San Paio. Os nacionalistas explican que “non ten sentido eliminar un aparcadoiro amplo é céntrico o día que máis xente chega a vila”.

O BNG critica nun comunicado as declaracións en redes sociais do concelleiro de urbanismo nas que dicía que “imos probar”. Consideran que o cambio non ten que ver só coa búsqueda dun espazo para as atraccións se non coas obras que se acometerán na Praza da Feira e que implica o traslado do mercado.

Os nacionalistas instan ao goberno municipal a buscar solucións estables. Piden que se dialogue cos feirantes para buscar unha solución temporal que teña en conta as necesidades de aparcamento da veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial