Piden que o antigo Centro de Saúde da Estrada sexa un Centro de día

0

A Estrada, 15 de abril do 2021 – O BNG da Estrada pide que o antigo Centro de Saúde do concello sexa reconvertido en Centro de Día.

A Deputada nacionalista Montse Prado ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa para que a Xunta de Galiza negocie directamente co Estado a cesión ou venda do antigo Centro de Saúde da Estrada.

O BNG considera ademais que o espazo habilitado na praza de abastos como Centro de Día non cubre a demanda existente no concello. O Bloque lembra que, no 2020, había censadas 5.637 persoas  que tiñan máis de 65 anos, un 28% do total. Destas 1.143 tiñan máis de 85 anos. A maiores engadense as 2.237 persoas con distinto grao de dependencia, segundo os datos da Xunta. Para o BNG estes datos demostran que “o actual centro de día da praza de abasto non é suficiente, xa que só ofrece 20 prazas a xornada completa e 40 a xornada partida”.

Por outra banda os nacionalistas fan fincapé en que “O centro de saúde era un elemento dinamizador dos negocios da Avenida de santiago, especialmente da hostalaría. Entendemos que o centro de día sería un balón de osíxeno nesta dinámica de desequilibrio que o PP está provocando na vila, sen importarlle investir en zonas urbanas máis favorecidas, deixando outras, coma neste caso, abocadas a esmorecer camiñando cara unha barriada residual na que comercio e hostalaría corran o risco de pechar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial