Piden que o antigo Centro de Saúde de Melide se destine ás asociación da vila

0

Melide, 27 de xullo do 2021 – O Partido Popular de Melide solicitará ao goberno municipal que o edificio do antigo Centro de Saúde sexa destinado ás asociacións da vila.

Os Populares propoñen que os os próximos fondos do POS/2021 da Deputación se destinen á restauración do antigo edificio do centro de saúde para crear unha infraestrutura dedicada á asociacións da vila.

Dalia García, voceira dos populares, insta ao bipartito municipal a que reverta os fondos do POS complementario da Deputación da Coruña na restauración e posta en valor do edificio do antigo centro de saúde. Asegura que “Unhas axeitadas instalacións para o Centro Ocupacional así como un espazo de uso para a mocidade e asociacións terían cabida no edificio que é de propiedade municipal”.

Os populares instan así a que o bipartito deseñe o proxecto e destine os fondos que lle achegan dende a Deputación provincial no POS+ Adicional 2021 dos que a Melide lle corresponden 346.685 €.

Agardan que a súa proposta sexa acollida polo goberno local e que dende o bipartito sexan capaces de “practicar unha política municipal de beneficio á veciñanza e non única e exclusivamente partidista como a que estamos sufrindo neste momento que chega ata o máis nimio como dar o servizo de instalar un banco dependendo do cor político do veciño/a de turno”, sinalan dende a formación conservadora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial