Piden que se convoque a a Xunta Local de Seguridade en Teo

0

Teo, 1 de decembro do 2020 – O Partido Popular de Teo reclama que sexa convocada a Xunta Local de Seguridade de Teo despois dos últimos roubos na urbanización Os Tilos.

A concelleira Uxía Lemus recoñecía hai unha semana, en declaracións a Cadena Cope, que a diferencia con anos anteriores é que se están a producir en pisos cando o habitual era en chalés. A Primeira Tenente de alcalde explicaba tamén que se reforzara a vixianza na zona con efectivos dea Policía Local de paisano.

Petición Popular

José Manuel Guerra, en nome do Partido Popular de Teo, presentou no rexistro municipal, a solicitude na que esixe a convocatoria inmediata da Xunta de Seguridade Local, ante esta nova vaga de roubos.

Os Populares explican que logo das intermitentes e continuas vagas dos anos anteriores, e a anterior do mes de xaneiro, os roubos en Teo volven ser unha constante.

Engaden que esta sucesión de incidentes con múltiples roubos en diferentes zonas do Concello confirma que a seguridade segue a ser unha materia pendente do executivo local. Piden que se tomen todas as medidas que sexan necesarias e que sexa un tema a debater en común, na solicitada Xunta Local de Seguridade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial