Piden que se realice un mellor mantemento do saneamento de Melide

0

Melide, 8 de xullo do 2021 – O PP de Melide cualifica de “deixadez” o mantemento do saneamento do concello e reclama unha limpeza axeitada do sistema.

Os Populares destacan que a última actuaciónsobre o saneamento realizada na AV de Compostela “trasladouse o problema de asolagamento ao rego da Martagona, un afluente directo do Furelos, onde a estación de bombeo rebosa á mínima precipitación”.

A voceira Dalia Garcia explica que en esa avenida a limpeza tíñase que facer máis a miúdo pola gran cantidade de refugallos que se acumulan nas beirarrúas quen engade que “Estas son as solucións aos problemas dos melidenses, cero euros en saneamento, cero euros en convenios doutras administracións para mellorar a depuración de augas pasados dous anos de goberno bipartito o balance é desolador”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial