Piden solucións aos accesos de Campo Grande en Melide

0

Melide, 16 de setembro do 2021 – O Partido Popular de Melide pide ao goberno municipal que consensúe cos veciños de Campo Grande solucións de acceso as súas vivendas.

A situación na rúa Camiño Real e na de Campo Grande imposibilita o normal discorrer do tráfico rodado cara esa zona de Melide. Os afectados, explican desde o PP, non só son os veciños e veciñas que residen na mesma, tamén imposibilita un tránsito normal cara servizos públicos como o CEIP Mestre Pastor Barral, ou o propio centro de saúde.

A voceira dos Populares, Dalia García, engade que “Hai semanas que se rematou a obra, unha obra que quedou orzamentada e proxectada con todos os permisos pola anterior corporación 2015/2019, o retraso na súa apertura e posta en funcionamento é unha mostra máis de que o bipartito paraliza a xestión pública da nosa vila”.

O trastorno aos accesos domiciliarios unése o da reorganización do tráfico neste punto de Melide. Campo Grande está moi próximo a unha área comercial que implicou cambios de sentidos nas rúas. O PP denuncia que o goberno non tivo en conta as demandas veciñais.

Dalia García, subliña “nunca antes Melide sufrira un goberno como o actual, esiximos que se conte coa veciñanza para cambios transcendentais nas rúas, é fundamental o consenso; a inactividade do bipartito melidense non ten fronteiras, rúas rematadas pechadas ao tráfico froito do traballo da anterior corporación que, dous anos despois, nin son capaces de poñer andar”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial