Piden un aparcamento de xestión pública na finca de Peleteiro en Compostela

0

Compostela, 12 de maio do 2021 – Compostela Aberta reuniuse cos comerciantes do Ensanche para coñecer a súa opinión sobre a proposta municipal para Peleteiro.

Compostela Aberta presenta dúas peticións moi claras. Por unha banda que o aparcamento sexa de xestión pública e que a praza prevista ábrase cara a República Arxentina e non cara a San Pedro de Mezonzo como está previsto.

Na xuntanza con representantes das entidades comerciais Santiago Centro, Comercio Punto Compostela e Em Rede participou  avoceira municipal de CA, Marta Lois, e o concelleiro Jorge Duarte.

Duarte explica que “tanto Compostela Aberta como as asociacións de comerciantes entenden que o Ensanche precisa un aparcamento público de xestión directa, no que se poidan fixar prezos asumibles. Débese apostar pola xestión a través de Tussa, seguindo o modelo do estacionamento de Xoán XXIII”.

Praza pública

Na reunión, Marta Lois e Jorge Duarte tamén recolleron as demandas das entidades comerciais en relación á praza pública que ocupará o patio do antigo colexio. As asociacións reiteraron a súa aposta

porque se manteña a configuración prevista en 2019, cunha praza aberta cara a República Arxentina e non cara San Pedro de Mezonzo como propón agora o PSOE.

Jorge Duarte lembrou que no documento de avaliación ambiental que o Concello lle remitiu á Xunta no ano 2018 contemplábanse diferentes solucións para o desenvolvemento do ámbito, e entre elas estaba a que agora defende o Goberno de Bugallo, “pero que non acadou o consenso necesario entre veciñanza e comerciantes durante o período de exposición pública”. O edil explicou que “este foi o motivo polo que o Goberno de CA optou por manter a actual configuración dos volumes edificados, coa abertura da praza cara República Arxentina”.

Duarte explicou que na reunión mantida cos comerciantes “os e as representantes das entidades comerciais tamén manifestaron a súa sorpresa porque, dous anos despois, o Goberno manteña o reparto de usos da parcela de Peleteiro que o PSOE tumbara no Pleno en 2019”. O concelleiro insistiu en que “é incomprensible que se perdera todo este tempo, e que Bugallo non reunira á Comisión de Peleteiro desde hai nove meses malia a que desde decembro de 2019 tiña no seu poder un informe no que o Concello gastou 15.000 euros e que xa dicía que a proposta de CA para o solar era a mellor das posibles”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial