Piden un cambio no modelo de xestión das multas de tráfico que impón Santiago

0

Compostela, 15 de outubro do 2021 – O Partido Popular de Santiago pedirá un cambio de modelo na xestión das multas de tráfico e que non sexa prorrogado o contrato coa empresa que se encarga de este tema na actualidade.

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, pedirá no vindeiro pleno que unha vez que remate a vixencia do contrato de xestión de multas que non se prorrogue nas mesmas condicións. Brunete solicitará que, de ter que prorrogalo, non sexa por dous anos senón que sexa “polo tempo estritamente necesario para que se articule unha alternativa de xestión que resulte máis transparente, que garanta máis imparcialidade na tramitación das multas e que sexa máis contida economicamente”.

Sánchez-Brunete explicou que “parece cuestionable que unha empresa privada poda acabar participando na definición das políticas de seguridade vial, como ten sucedido neste Concello con esta empresa no caso da polémica instalación dun radar na SC-20 en Conxo”.

O voceiro popular engade que “resulta un tanto desagradable para o conxunto dos cidadáns saber que o 26,8% do que se recada en período voluntario por multas vai a unha empresa privada”. Brunete deixa ademais un dato ” cando no ano 2017-2018 se convoca un concurso para seleccionar a empresa que vai levar este servizo no Concello de Santiago tramitábanse uns 34.000 expedientes sancionadores e, neste momento, estamos entorno a uns 50.000″.

P portavoz Popular puxo sobre  a mesa tres propostas, “que sexa o propio Concello o que leve a cabo este servizo; que o faga a Deputación da Coruña, que só suporía un 12,5 %; e, a terceira proposta sería que no caso de que se contrate unha empresa privada, ese contrato contemplara uns maiores mecanismos de control, como auditorías que agora non se están levando a cabo”.

Finalmente, Sánchez-Brunete insistiu en que o seu Grupo pediralle ao Goberno local que valore outras oportunidades, pero “sexa cal sexa a opción escollida o que nós defendemos é que o réxime sancionador non perda de vista  principios como o de oportunidade, proporcionalidade, transparencia, imparcialidade e principios de contención económica”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial