Piden un parque xerontolóxico para Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 30 de xuño do 2021 – O BNG de Vila de Cruces proporá ao pleno municipal a construción dun parque xerontolóxico na residencia de maiores.

Os nacionalistas propoñen que a herdanza de Vidal de Fuentes Pelaéz sexa usada para este parque xerontolóxico. Fuentes foi un dos primeiros residentes do centro de maiores e doou o seu patrimonio ao concello de Vila de Cruces.

Residencia de maiores de Vila de Cruces

A herdanza consta de 5 vivendas en Valladolid e unha praza de garaxe compartida en Lalín por valor de 109.672,28€. Diñeiro en conta, Xoias e bixutería que acada os 84.854,03€. Un patrimonio comprometido coa mellora do centro de maiores onde pasou os seus últimos anos, falecendo no 2014.

Os nacionalistas explican que “ao concello non lle aporta practicamente nada ter 5 vivendas arrendadas por 50€ ao mes en Valladolid, é máis é motivo de preocupación, xa que de acontecer algo nesas vivendas a responsabilidade recaería sobre o propio concello”. Engaden que os bens patrimoniais do concello teñen que cumprir servizo para o propio concello, polo que “reinvertir os cartos desa herdanza na mellora do acondicionamento da Residencia de Vila de Cruces é a mellor das solucións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial