Piden un paso de peóns na estrada CP-8202 en Teo

0

Teo, 5 de maio do 2021 – O BNG de Teo ven de presentar no rexistro da Deputación a solicitude dun paso de peóns na estrada CP-8202, no cruce coa travesía de Cacheiras.

A petición dos nacionalistas xa fora levada a pleno en distintas ocasións pedindo que o concello instara á Deputación a acometer esta mellora en Teo.

Desde o goberno municipal de Teo se explica que esta obra está contemplada  nos plans xerais previstos para esta vía polo que non se podía facer outra cousa. O voceiro nacionalista, Manuel Barreiro, rexistrou a petición por escrito e agarda que en breve se teña unha solución satisfactoria a un “grave problema de seguridade viaria que o goberno municipal non semella ter presa en arranxar”. Barreiro lembra que ademais da petición do BNG existen outras dos veciños presentadas a nivel individual.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial