Pintadas no Castro de Toiriz en Silleda

0

Silleda, 1 de outubro do 2020 – O Concello de Silleda lamenta a aparición de varias pintadas nas pedras da croa do Castro de Toiriz, preto do casco urbano da vila.

Os destrozos no Castro de Toiriz foron descubertos pola empresa que está a executar os traballos de posta en valor do xacemento, a través do proxecto Trazas de Pontevedra I, promovido pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento.

Pintadas no Castro de Toiriz en SilledaNas últimas semanas levouse a cabo a limpeza da zona e onte o acceso ao castro quedou valado para o inicio dos traballos. O alcalde, Manuel Cuíña, explica que “É lamentable que se sigan a producir estes feitos vandálicos, que aínda doen máis cando estamos a falar do patrimonio histórico”. A aparición destas pintadas feitas nas pedras, un símbolo inconfundible deste castro, xa foi posta en coñecemento de Patrimonio.

Pintadas no Castro de Toiriz en SilledaPor outra banda, tamén nos últimos días se detectaron máis accións contra o mobiliario urbano relacionado tamén co patrimonio arqueolóxico. Así, un dos paneis informativos sobre a Mámoa de Carballosa, en Laro, apareceu derribado, e outra das sinais direccionais en madeira tamén desapareceu. “Facemos un chamamento á colaboración cidadá e á importancia de concienciarnos que tanto o mobiliario público e os bens culturais son patrimonio de toda a veciñanza”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial