Pleno de trámite na Baña

0

A Baña, 26 de novembro do 2021 – Pleno de trámite na Baña no que só destacou a toma de posesión da nova concelleira de Compromiso por Galicia.

Lorena Trillo accede ao posto despois da renuncia de 3 integrantes da lista de Compromiso, ela concurriu como número seis. Según algunhas fontes o salto se produce porque ela estaría disposta a apoiar unha moción de censura xunto co Partido Popular. Os portavoces dos tres grupos políticos na Corporación da Baña déronlle a benvida.

Lorena Trillo

Sesión tranquila

No que se refire aos puntos da orde do día, destaca a aprobación da declaración institucional Municipios contra o maltrato. ë unha iniciativa impulsada por Antena 3 Noticias e Fundación Mutua Madrileña, no que A Baña declara ser un municipio con tolerancia cero contra o maltrato ás mulleres. O Concello da Baña “Protexerá as vítimas e colaborará coa Xustiza e a Policía a perseguir aos maltratadores. Realizará todos os esforzos que poida para evitar que neste municipio se produza ningún maltrato ás mulleres”.

Con esta declaración, e ademais da aprobación no pleno, o Concello da Baña comprométese a instalar unha sinal co lema “Municipio contra o Maltrato Tolerancia Cero” nunha zona céntrica.

En caso de producirse unha vítima mortal de maltrato, o Concello declarará loito oficial e promoverá unha concentración popular de repulsa diante da casa consistorial. Ademais, A Baña realizará polo menos unha acción formativa dirixida á mocidade de forma anual colaborando cos centros educativos.

O Concello da Baña, na medida das súas posibilidades, realizará un programa de axuda laboral ás vítimas de maltrato.

No debate, o portavoz do PP propuxo incluír o maltrato dixital dentro da violencia de xénero. Unha medida que foi aprobada esta mesma semana por unanimidade no Parlamento de Galicia que inclúe a violencia dixital na modificación da Lei galega de violencia de xénero.

A declaración institucional aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos.

Rogos e preguntas

No capítulo de rogos e preguntas, tanto PP como Compromiso decidiron non formular ningunha. César Ramos recordou que dende CxG presentaron un escrito solicitando información sobre o control de aforo no salón de plenos, ao que respondeu o alcalde sinalando que o pasado 21 de outubro a Xunta declarou a finalización da situación de emerxencia sanitaria, polo que se anulaba a limitación do aforo. “Admitimos público ata completar o número de butacas do salón de plenos”, concluíu o alcalde, como fan outros concellos como Teo, Val do Dubra, Ordes ou Rois.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial