Plenoil leva a intención de construír unha gasolineira en Silleda aos xulgados

0

Silleda, 9 de xuño do 2021 – Despois de que a Consellería de Medioambiente freara a Plenoil na intención de construír unha gasolineira no Barrio do Campo de Silleda a empresa presentou un recurso contencioso administrativo contra a Xunta de Galicia.

Agora o concello de Silleda persoarase no litixio como parte co demandada. O alcalde Manuel Cuíña explica que  “Dende o Concello, como fixemos dende o inicio deste proceso, estaremos ao lado da veciñanza, xa que non estamos tampouco de acordo co emprazamento proposto”.

O rexedor lembra ademais que a resolución de Medio Ambiente veu dada polo informe realizado dende o Concello de Silleda con data de 14 de xaneiro, no que se advirte que o uso solicitado non é compatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda. “Ganamos esa primeira batalla, pero como era de esperar, agora a empresa recurreu a decisión, e seguiremos personándonos nesta demanda amosando o noso apoio ao non estar de acordo ca ubicación proposta”, engade.

O Concello de Silleda, ao igual que moitos veciños da zona, presentou ademais deste informe unha alegación o pasado mes de xaneiro, centrándose  en cuestións relacionadas coa afección ambiental nunha zona onde existen humidaís ou mananciais. Así mesmo tamén se considerará o feito  da existencia dunha  estación de servizo moi preto da ubicación proposta.

O modelo de autoservicio, sen persoal que atenda, tamén apunta cara a unha diminución da seguridade nunha actividade que require atención constante polo tipo de produtos que se subministran.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial