Policía Local contra a violencia machista

0

Compostela, 21 de outubro do 2020 – O concello de Santiago xa dispón dun equipo da Policía Local especializado en violencia de xénero e composto por 3 axentes e un inspector.

Este equipo, denominado VioXén, nace ao abeiro do Convenio asinado polo Concello e a Secretaría de Estado de Seguridade. Os axentes e o inspector da Policía Local foron instruídos polos compoñentes da UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller) da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Santiago de Compostela.

O equipo ocuparase da protección de vítimas de violencia machista, apoiando os axentes do Corpo Nacional de Policía e á Unidade da Policía Autonómica que xa estaban a traballar coas afectadas, co que se gaña en efectividade. A unidade xa traballa coas primeiras vítimas asignadas e preocúpanse da súa seguridade e previr posibles accións dos agresores.

Policía Local contra a violencia machistaSistema Vioxen

O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioXén), da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, púxose en funcionamento o 26 de xullo do 2007, en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, “de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero”, sendo os seus obxectivos aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero; integrar toda a información de interese que se estime necesari; facer predición do risco e, atendendo ao nivel, realizar un seguimento e protección ás vítimas en todo o territorio nacional

Así mesmo, efectúase un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do “Subsistema de Notificacións Automatizadas”, cando se detecta algunha incidencia ou acontecemento que poida pór en perigo a integridade da vítima.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial