As cifras de positivos por Covid seguen á baixa na bisbarra (16/11/2020)

0

Bisbarra, 16 de novembro do 2020 – A tendencia dos últimos días mantívose na fin de semana e os positivos por Covid seguen á baixa na fin de semana.

O pasado venres a Área Sanitaria tiña 1130 casos activos de Covid, que baixaron a 1085 o sábado e a 1041 onte domingo. Unhas cifras esperanzadoras xa que o  pasado día 6 eran 1338 os positivos.

Os centros educativos tamén seguen a mesma tendencia e, según os datos oficiais, o venres día 13 os positivos eran 118 e o sábado pasado 114.

Os niveis de alerta tamén descenden

Na bisbarra o número de concellos en nivel 3 de alerta por Covid afianza esa boa tendencia. En alerta vermella xa só están Lalín, A Estrada e Riberia. En este municipio do Barbanza estase facendo un cribado para detectar positivos de Covid que está tendo unha moi boa participación da veciñanza.

Ames, Boiro, Ordes, Porto do Son e Santiago están en nivel 2, alerta laranxa. Pola súa banda Negreira, Mesía, Cerceda, Oroso, Rois, Teo, Padrón, Dodro, Silleda e Vila de Cruces están en alerta amarela ou nivel 1. O resto dos concellos da Área Sanitaria están en nivel 0, verde.

A maioría en casa

A maioría dos casos de positivos por Covid están en illamento domiciliario. Nos hospitais da Área Sanitaria hai 62 doentes ingresados; 15 en coidados intensivos do Complexo Hospitalario de Santiago, 43 en planta e outros 4 no privado La Rosaleda. O Hospital do Barbanza non ten ningún caso ingresado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial