Posta en valor do traballo de Amabul na comarca do Ulla

0

Bisbarra, 4 de outubro do 2021 – A  directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos voluntarios que traballan coa asociación Amabul.

O obxectivo desde a Xunta é poñer en valor esta iniciativa dirixida a persoas de entre 16 e 35 anos. o traballo de Amabul forma parte da programación de Iniciativa Xove da Administración Autonómica.

Os voluntarios desenvolveron xornadas de formación e traballos de control e erradicación de especias exóticas invasoras no sistema fluvial Ulla-Deza ao seu paso polos concellos de Vedra, Boqueixón e A Estrada.

Durante o encontro, no concello de Vedra, a directora xeral apuntou que esta iniciativa de Amabul permite incidir nun punto moi importante como é a concienciación ambiental nas contornas rurais.

A Xunta de Galicia financia, ao abeiro de Iniciativa Xove, 85 proxectos liderados pola xuventude e nos cales a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades.

O Goberno galego achega preto de 400.000 euros a este programa, ao que xa leva destinado 6 millóns de euros para financiar unhas 1.500 ideas desde que se puxo en marcha hai 11 anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial