O PP de Ames solicita que os orzamentos inclúan parques caninos en Bertamiráns e MIlladoiro

0

Ames, 4 de marzo do 2017 – O Partido Popular de Ames solicita que os orzamentos do concello inclúan a construción de dous parques caninos no concello, un en Bertamiráns e outro no Milladoiro.

O PP lembra que en xaneiro do 2016 o gobenro municipal difundiu a noticia de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención a cargo do Fondo de Compensación Ambiental. O proxecto para o que se buscaba financiamento era un novo parque canino en Bertamiráns. Tratábase do primeiro parque canino de Ames, cunha superficie útil de 2.789 m2 e  un  orzamento de 42.000 euros, dos que se esperaba que a Xunta financiase o 80%. O resto iría a cargo  do Concello.

O de Bertamiráns non sería o único de Ames, pois   tanto aos grupos da oposición como a diferentes colectivos implicados manifestóuselles a intención de proxectar outro parque canino en Milladoiro. O Tripartito presentou a iniciativa para recoller suxestións, sendo o obxectivo da iniciativa, en palabras da responsable,  crear un lugar de convivencia amable para os propietarios de cans e tamén para o resto de usuarios; adiantando que en breve asinaríase un convenio con varias asociacións para promover actividades de concienciación.

Mentres que o emprazamento de Bertamiráns estaba localizado na contorna do Paseo do Rego do Ameneiral; en Milladoiro aínda queda por buscar a  localización.

O Partido Popular reclama agora eses proxectos xa que “Pasou máis dun ano e nada se fixo respecto diso: o proxecto de Bertamiráns non se executou  ao non obterse a subvención solicitada, e do de Milladoiro os Grupos da oposición non volveron a ter noticias sobre a elección do sitio para o seu emprazamento”.

O PP lembra a necesidade de ese parque canino xa que en Bertamiráns, na contorna do Paseo do Rego do Ameneiral, coinciden cans con nenos pequenos que xogan no parque.  Según explica a formación “A falta dun espazo específico para os cans xa ocasionou enfrontamentos entre propietarios de cans e pais de nenos, tanto por cuestións de seguridade como por cuestións hixiénicas. O enfrontamento en ocasións requiriu a presenza da Policía Local, e lonxe de ser un lugar de convivencia amable, empeza a ser un lugar de discusión e enfrontamento veciñal”. 

O Grupo Municipal Popular considera prioritaria a construción de sendos parques caninos en nos núcleos principais de Ames. En opinión  dos populares, os pais non poden estar preocupados pola presenza de animais onde xogan os seus fillos pequenos, e os propietarios dos cans deben de ter á súa disposición un espazo acoutado onde as súas mascotas poidan aprender a facer as súas necesidades, xogar, estar soltos para facer exercicio e socializarse e relacionarse cos seus conxéneres. Por este motivo, o Partido Popular de Ames manifesta o seu rexeitamento á dotación de 15.000 euros que contempla o borrador do anteproxecto de orzamentos 2017 elaborado polo Tripartito, polo que solicitará unha dotación orzamentaria suficiente para a construción  dos dous parques caninos, cuxa execución non pode depender de que se reciba unha subvención para a mesma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial