Reclamarán fondos europeos para un carril bici entre Milladoiro e Santiago

0

Bisbarra, 15 de novembro do 2021 – O presidente do PP de Santiago, Borja Verea reclamará da Xunta que destine os fondos europeos a un carril bici entre O Milladoiro, en Ames, e Compostela

Verea mantivo unha reuni´çon coa asociación Composcleta, que leva tempo reclamando que se prioricen esta e outras medidas. O Parlamentario autonómico defende a idea do carril bici xa que “Santiago ten que seguir o exemplo das cidades máis avanzadas de Europa que levan anos apostando pola mobilidade sostible”.

Borja Verea, en clara referencia ao proxecto SmartSantiago dixo que  “estamos vendo como se presentan e anuncian proxectos que pouco interesan aos veciños, cámaras dixitais, multamóviles, paneis informativos, infraestruturas todas das que descoñecemos a súa utilidade” e, engadiu “estamos perdendo a oportunidade de vertebrar a cidade pensando no futuro, e o futuro non son cidades intelixentes cheas de tecnoloxía inútil, o futuro é un Santiago máis amable, máis humano e máis accesible paras as familias e veciños”.

Na xuntanza analizouse o proxecto de 50 km de carrís bici que defenden os populares onde o parlamentario compostelán quixo destacar que “un carril bici, amplo e seguro, que una o Milladoiro con Santiago, como alternativa á SC-20, sería un exemplo de vangarda e o primeiro paso para consolidar o que xa somos, unha mesma cidade”.

Sinalou tamén que “temos un proxecto para a creación de 8 itinerarios de carrís-bici  que sumarían 47km e conectarían puntos estratéxicos da cidade” como a conexión do Campus Norte e o Campus Sur, ou a Estación Intermodal e San Caetano coa Cidade da Cultura”. Outros itinerarios irían ata o Polígono do Tambre ou o Hospital Clínico.

Neste senso Borja Verea  apuntou que “Santiago ten que ser un referente de modernidade e vangarda, xa que a sociedade de hoxe en día non é a mesma que a de hai 30 anos, e a xestión do tráfico, o uso do espazo público ten que ser polo tanto diferente”, e engadiu que “en cuestións como a mobilidade sostible, as mensaxes que se envían desde as institucións son clave” e en Santiago “os poucos carrís bicis que se construíron parecen unha broma, curtas distancias e desconectados entre eles”, concluíndo que “os actuais dirixentes non teñen xa credibilidade para deseñar a cidade do futuro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial