Preguntan no Parlamento polas deficiencias do CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera de Val do Dubra

0

Val do Dubra, 7 de xullo do 2021 – O Grupo Socialista preguntará hoxe mércores, na Comisión cuarta do Parlamento, pola situación do CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera de Val do Dubra.

A cuestión sobre o CEIP xurde a raíz das declaracións da Xunta de Galicia sobre o outro colexio do concello, o CPI de Bembibre. A intención da Consellería é incluílo no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, con proxectos para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e eliminar o fibrocemento.

O Psoe explica que os dous colexios teñen danos e problemas provocados pola antigüidade dos edificios. O Grupo quere saber si existe algún plan similar para o CEIP Xacinto Amigo Lera, situado en Portomouro, que ten deficiencias moi semellantes.

Os socialistas lembran que o centro presenta un serio problema de humidades, con goteiras en aulas, ximnasio e patio, unha situación que se ve agravada pola antigüidade das fiestras e persianas. A esas accións de mellora da eficiencia enerxética debería sumarse tamén una actuación de reforma integral dos baños, que se atopan nun estado moi deficiente.

A pregunta que se presentará será a seguinte: Ten prevista a Consellaría de Cultura, Educación e Universidade realizar proximamente obras de eficiencia enerxética e mellora de espazos no CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera, no concello de Val do Dubra?.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial