Premios aos disfraces menos vistos

0

Compostela, 25 de febreiro do 2021 – O concello de Santiago entregou este mércores os premios do concurso de disfraces invisibles.

Na convocatoria competiron máis de 150 imaxes. A foto gañadora, dunha nena camuflada no cemiterio do parque de Bonaval; recibiu un premio de mil euros e foi presentada por Raquel, Álex, e Mara Bragaña Boo.

1º premio

Premios con maxia

A entrega de premios tivo lugar no museo de maxia de Kiko Pastur, impulsor da iniciativa. Os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Festas, Gonzalo Muiños, participaron na entrega de premios aos mellores disfraces invisibles.  

2º Premio

En segundo lugar clasificouse a proposta de Alejandro Passaretti, premiada con 500 euros, na que se camufla cunha das paredes da Cidade da Cultura. En terceiro lugar, premiada con 300 euros, quedou a foto de Sara Romero Martínez, “mimetizada” no escaparate de Sobrerería Iglesias, situada na rúa do Vilar. Os accésits, con premios de 100 euros cada un, foron para Miguel Orejas Serramo, que presentou a foto máis “graciosa”, un señor maior disimulado no mural da super-avoa pintada nunha fachada da Rúa Romero Donallo; e para Susana Varela, que presentou a imaxe máis “máxica”, un anxo que se confunde coa contorna da igrexa de San Martiño Pinario.

3º Premio

O xurado do concurso estivo formado por Suso Pais e Marga Balboa, da “Asociación Cultural Cidade Vella”; a artista Mery Pais, e o ilusionista Kiko Pastur como director do Museo e organizador da actividade.

Máis graciosa

Destacouse a sorprendente creatividade e inxenio local de moitas das propostas fotográficas, onde os disfraces se camuflaron en localizacións emblemáticas da cidade. Das fotos presentadas, escolléronse 25, que se exporán en distintos centros socioculturais da cidade.

Máis máxica

O concurso fotográfico “O disfrace invisible, organizado polo Museo da Maxia Kiko Pastur; contou coa colaboración do concello de Santiago e da Asociación Cidade Vella. Unha actividade adaptada ás medidas anticovid e pensada para celebrar o entroido “doutro xeito” que acadou, na súa primeira edición, unha participación notable.

Neste enlace pódense ver as 25 imaxes seleccionadas no concurso “O disfrace invisible”.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial