Preocupación en Padrón polas obras na Trabanca

0

Padrón, 19 de agosto do  2021 – A veciñanza da Trabanca en Padrón móstranse preocupados polas obras na estrada e a seguridade viaria en toda a zona.

O BNG reclama a reparación integral da estrada aínda que non está a favor de que acabe sendo de titularidade municipal. Que a estrada pasara ao concello na zona da Trabanca suporía un gasto anual de 15.000 euros.

Os nacionalistas veñen de presentar no rexistro municipal unha serie de preguntas relativas ao proxecto en curso. Por un lado desexan saber si se manterán as beirarrúas separadas da calzada  dos vehículos e, de ser así, de que xeito se fará.

Tamén preocupa a regulación do tráfico no estreito da Trabanca e como se resolvera o paso polo lugar.

O BNG urxe ao concello a que responda e o empraza a resolver os problemas de seguridade antes de que remate a obra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial