Preocupación pola falta de medios en saúde mental na Área Sanitaria Compostela Barbanza

0

Bisbarra, 13 de setembro do 2021 – Cig Saúde Compostela denuncia a “crítica situación da atención á Saúde Mental” na Área Sanitaria de Compostela-Barbanza.

O sindicato denuncia a falta de protocolos e plans para os distintos centros e unidades de saúde mental. Engaden que o Xefe de Servizo atópase en “situación irregular dende o 2019, sen ningún tipo de avaliación conforme á normativa vixente do seu traballo, nin análise por parte da Xerencia de Xestión ao levar máis de 4 anos na xefatura”.

A CIG sinala como principais eivas do servizo a falta de profesionais nas distintas categorías, desde terapeutas ocupacionais ata psicólogos en atención primaria ou psiquiatras. Carencia de infraestruturas en condicións cun hospital psiquiátrico de Conxo que non acaba de resolver os seus problemas e a aèrturas de nova unidades de continuidades con persoal escaso e faltas de espazo. 

Ordes e Noia máis prexudicadas

Respecto das Unidades de Saúde Mental aseguran que están valeiras de contido. Como poñen o recén creado USM de ORDES, que sendo unha comarca cun dos índices de suicidio máis grandes a nivel estatal carece dun plan funcional ou de actividade avalados polo servizo de calidade da Área Sanitaria.

Denuncian, ademais, a falta de cobertura de profesionais , como é o caso da USM de NOIA, que neste mes carece de actividade pola ausencia de profesionais ao marchar os titulares de vacacións.

Diante desta situación a CIG considera que “desde o SERGAS e a Xerencia de Xestión, véndesenos unha política de “decir que facemos coa presentación de plans e proxectos novos” pero sen resultado ningún, o que realmente temos é unha involución da atención á poboación nos diferentes centros ou unidades especialidos en Saúde Mental”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial