Preocupación pola inseguridade no barrio padronés da Trabanca

0

Padrón, 20 de setembro do 2021 – A inseguridade derivada do paso de vehículos preocupa cada vez máis aos veciños do barrio da Trabanca en Padrón.

Trátase da estrada AC 299, titularidade da Xunta de Galicia, que atravesa a Trabanca. Durante o verán estivéronse acometendo obras de pavimentación e canalización pero os veciños denuncian que estas obras non resolven os problemas de inseguridade.

Imaxe BNG de Padrón

Recentemente o concello de Padrón iniciou os trámites para pedir o traspaso do tramo mentres que a oposición demanda solucións claras.

Da peonalización á redución de velocidade

Psoe e BNG denuncian a situación da Trabanca aínda que propoñen solucións distintas.

O BNG mantiña unha reunión cos veciños para escoitar as súas demandas e propoñía a peonalización. Os nacionalistas argumentan que mentres se cortou a vía polas obras non se produciron problemas de comunicación polo que parece a mellor solución.

Un momento da reunión do BNG cos veciños da Trabanca

A proposta do BNG para a Trabanca pasa por facer a rúa accesible, ademáis de para os residentes, para o servizo de taxis (para residentes), urxencias, autobús escolar e para as circunstancias especiais que o demandasen. Tamén  se explicou que neste espazo peonil os peóns terían sempre preferencia e a velocidade de tránsito para os vehículos autorizados sería de 20 km/h.

Un momento da reunión do BNG cos veciños da Trabanca

Pola súa banda o Psoe ven de presentar unha moción na que a redución de velocidade e a colocación de mobiliario urbano é a solución. Na moción demándase para a Trabanca a instalación de cantos elementos viarios sexan necesarios e adecuados para separar fisicamente os espazos polos que transcorren vehículos e peóns, garantindo así a seguridade de ámbolos dous.

A instalación de elementos viarios, se procede, ou outros sistemas para garantir unha velocidade reducida adecuada ás circunstancias da vía.

A mellora na ornamentación e decoración do tramo máis densamente poboado (o barrio da Trabanca) creando un entorno agradable e eliminando a actual impresión de obra de formigón inacabada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial