Presentada a restauración da Catedral de Santiago

0

Compostela, 21 de decembro do 2020 – A Catedral de Santiago presentou unha restauración que devolve á orixe a estilos como o románico, neoclásico, gótico, renacentista ou barroco que compoñen o mapa vital do templo.

Os traballos son unha sucesión de proxectos que nacen hai 12 anos coa implicación da Fundación Barrie de la Maza na restauración do Pórtico da Gloria. O Plan Director posto en marcha no 2010 unificou ao seu redor o apoio financeiro do Ministerio de Fomento do Goberno de España, a Xunta de Galicia, o Consorcio de Santiago e a propia Catedral.

Os traballo de restauración da Catedral recibiron posteriormente un novo impulso coa firma dun convenio entre o Ministerio de Facenda e a Xunta que permitiu que a Fundación Catedral executara ata este ano investimentos por valor de 17 millóns de euros.

Os traballos

Algún dos elementos principais restaurados ao longo dos últimos anos foron por exemplo as cubertas da nave principal e cruceiro. A fachada da Azabachería coa restauración do conxunto arquitectónico no ano 2009. A fachada da Quintana coa restauración do Pórtico Real no ano 2010 e actuacións na Porta Santa (patio e reixa), en 2015.

A Torre do Reloxo coa restauración do conxunto arquitectónico no seu parte exterior e, parcialmente, no interior. Os zócalos de mármore da Capela Maior nunha primeira fase. A restauración do conxunto arquitectónico do Cimborrio, tanto a fábrica medieval como a barroca, recuperando as fiestras oxivais orixinais.

Fachada oriental do claustro e esconce, Torre do Tesouro e cubertas da á oriental do claustro nas que se acometeu limpeza e restauración en fachadas, saneamento da cuberta, executando unha nova estrutura de madeira e renovando a cubrición de tella. Restauración de carpintarías de madeira e elementos especiais tales como crestería, escudos, medallóns e reixas renacentistas.

Fachada da Quintana e patios da Porta Santa e Patio de Abades tamén con limpeza e restauración dos paramentos e intervencións na terraza sobre a tribuna do deambulatorio, balaustrada e pináculos.

Presentación

Na presentación da restauración interviron Segundo Perez, Dean presidente do Cabildo; Xosé Sánchez Bugallo, alcalde da cidade; Javier Losada, Delegado do Goberno Central; Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia e Julián Barrio, Arzobispo de Compostela.

No acto estivo tamén presente o Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o responsable de Turismo do Concello de Santiago e delegado do Ano Santo 2021, Sindo Guinarte. e outras autoridades.

O delegado do Goberno, Javier Losada, reiterou que o Goberno de España é o primeiro peregrino do Ano Santo e celebrou o remate dunhas obras que “transcenden aos Gobernos” e que “exemplifican a colaboración entre as administracións públicas”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo,  salientou que Galicia iniciará a década xacobea coa Catedral restaurada, “unha das maiores actuacións feita nun patrimonio mundial nos últimos anos” e subliñou  que o proxecto iniciouse “como un reto de país e converteuse nun éxito colectivo, tanto a nivel técnico como de xestión”

Pola súa banda o alcalde de antiago, Xosé Sánchez Bugallo,  destacou o gran traballo de restauración “É a primeira vez que se aborda unha rehabilitación integral de todos os estilos arquitectónicos que coexisten, que conviven, dentro do templo compostelá”.

O rexedor indicou que os traballos realizados na Catedral “son enormes. Desde o seu inicio, houbo múltiples obras de intervención, pero case todas eran de substitución por un estilo por outro, duns materiais por outros ou de ampliacións”. Unhas labores de restauración, que, engadiu, “nos dan a oportunidade de desfrutar dunha visión do templo que ningunha xeración anterior tivo oportunidade de ver”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial